Convite ao Día do Cooperativismo Galego

[ Sábado 1 de xullo ás 12 horas – Na cooperativa Agroflor, Polígono da Gándara, Parcelas 100-101, Narón ]

A celebración do Día do Cooperativismo Galego que está organizado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, será o sábado 1 de xullo coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día Internacional das Cooperativas, na cooperativa Agroflor de Narón.

 

 

Con tal motivo a Consellería envía un Convite para asistir ao acto extensible a tódalas cooperativas socias da Unión de Cooperativas.

Este ano o lema escollido é “Cooperativas polo desenvolvemento sostible”.

Informarvos que dentro da programación do acto entregaranse os premios do “Certame Cooperativismo no Ensino” e os “Premios á Cooperación” que este ano galardoan a 5 cooperativas socias de EspazoCoop, ao Colexio Mendiño de Vigo e ao Colexio Luis Vives de Ourense, no certame Cooperativismo no Ensino, e por outra parte, a Cofepa Auto Escola de Ferrol, Alén Economía Circular da Coruña, e Enraizando Servizos Sociais de Ribeira, nos Premios á Cooperación.

O evento finalizará cun aperitivo para as persoas asistentes.

Consulta o programa

Deixamos para consulta a páxina web do Día do Cooperativismo Galego 2023 neste enlace

Confirmar asistencia

– Cubrir o formulario da web neste enlace

– Ou chamar de 9 a 14.30 horas ao 604 062 506.