Na Unión continuamos sumando, cinco novas cooperativas se integran en Espazocoop, Cannaliza (cultivo e transformación de cáñamo), Peluquería Nueva Era (salón de peiteado e estética), Rayados (taller artesán da madeira), Rostros y Más (salón de peiteado e estética), e Artigo 14 (avogacía). Benvidas !  

 

Cannaliza, S. Coop. Galega

É unha cooperativa adicada á producción e a distribución de produtos derivados do Cáñamo industrial.

Con sede en A Coruña, Cannaliza con amplia experiencia no cultivo do cáñamo industrial, para a súa posterior transformación en derivados industriais e de consumo directo, cuxa incidencia enmárcase nos sectores cosmético,  alimentarios, e industriais.

A nivel organizativo, Cannaliza conta con con cultivos de cáñamo industrial en diferentes ubicacións tanto de Galicia, como doutras localización da xeografía española, e conta con profesionais cualificados/as con amplia experiencia no sector da producción e a transformación desta materia.

http://cannaliza.com/

 

   Peluquería Nueva Era, S. Coop. Xuvenil Galega

Esta cooperativa son un salón de peiteado e estética unisex. Ubicadas/os en A Coruña esta cooperativa constituiuse como unha cooperativa xuvenil pola condicións das súas socias e socios.

Síguelles en facebook

 

   Rayados, S. Coop. Galega

Coa marca Lorenzo Design, adícanse ao deseño, elaboración e comercialización de mobiliario pequeno e xoguetes de madeira. Creen nos valores  cooperativos: axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidaridade.
Nacen buscando a simplicidade, identidade e calidade do ben feito fronte á masificación. Conxugando a tradición material e sensorial coa contemporaneidade conceptual e técnica.

Apelan aos sentidos e ás emocións, considerando premisas estéticas e sostibles; procurando o uso de materiais que aporten experiencias agradables.

Comprometidas/os coa sostenibilidade e o medio ambiente, os seus produtos son duradeiros e atemporais. Elaborados localmente con materiais certificados, altamente reciclables e acabados naturais. Todo o proceso desde o deseño ata a execución da peza realízase no seu Taller ubicado en Santiago de Compostela.

http://www.lorenzodesign.es/

Síguelles en facebook

 

   Rostros y Más, S. Coop. Galega

Coa marca D`Berenguel@ Estilismo esta cooperativa son un salón de peiteado e estética situado en Santiago de Compostela.

Síguelles en facebook

 

 

 Artigo 14, S. Coop. Galega

Son un despacho multidisciplinar formado por un equipo de avogadas e avogados con sede en Santiago de Compostela e na cidade da Coruña.

Configurado para prestar asesoramento xurídico profesional, a formulación ética das relacións xurídicas configúrase como a principal característica do despacho, sendo esta tanto a base deontolóxica do exercicio da avogacía como o marco do compromiso persoal con cada cliente.

Artigo 14 é a primeira cooperativa de avogados que se constituíu en Galicia. Apostamos polo cooperativismo e a economía social, defendemos a autoxestión e a organización asemblearia como unha alternativa socialmente máis responsable, solidaria e xusta ao modelo económico actual.

Síguelles en facebook