Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas somos parte da Rede de Economía Alternativa e Solidaria a través da Rede galega (Reas Galicia), xunto a máis entidades:

As 500 entidades que forman parte de REAS xeneran 379 millóns de euros de ingresos anuais e contan coa participación de máis de 38.000 persoas. En 1997 naceu o portal web economiasolidaria.org para visibilizar estas redes e movementos sociais por unha economía xusta, ecolóxica, social e solidaria. Agora REAS quere renovalo para que teña maior incidencia social e política e para elo lanzaron unha campaña de crowdfunding.

Na última década a economía social e solidaria consolidouse como unha alternativa sólida e estable. Actualmente, xenera o 10% de PIB no Estado español e dá emprego a 2,2 millóns de persoas. A súa aposta por poñer as persoas no centro tradúcese na xeración de 190.000 postos de traballo nos últimos anos, cun 80% de contratos indefinidos.

A economía solidaria, en concreto, irrumpiu en sectores estratéxicos como a enerxía, a banca ou as telecomunicacións, e desperta o interese de cada vez máis persoas.

Para facer frente a estos novos retos fan falta ferramentas a súa altura, afirman dende REAS. Por elo, as persoas responsables de REAS emprenden a renovación do portal web www.economiasolidaria.org para que teña maior incidencia social e política.

A web da economía solidaria surdiu en 1997 para visibilizar as redes e movementos sociais por unha economía xusta, ecolóxica, social e solidaria. O portal recibe máis de 650.000 visitas ao ano, aloxa máis de 10.000 contidos, e máis de 28.000 persoas e organizacións están suscritas ao boletín mensual.

Para poder financiar a renovación desta plataforma web lanzaron unha campaña de crowdfunding a través da plataforma Goteo que estará activa do 27 de febreiro ao 7 de abril de 2017. O obxetivo mínimo son 19.000 euros e o óptimo 25.500.

“O obxetivo é consolidalo como o portal temático máis importante da economía solidaria nos territorios do Estado español e de fala castelá”, afirman. A nova plataforma web cambiará de estrutura e de deseño gráfico para responder aos novos retos que ten o movemento social da economía solidaria.

“Á súa vez -engaden-, queremos compartir contidos con outros dos espazos que van a ter gran importancia: o espazo da comunicación e incidencia social e política de REAS coas súas 18 redes e do portal do mercado social (mercadosocial.net) cun gran catálogo de entidades, produtos e servizos para exercer un consumo responsable e información e como participar en cada territorio”.

 

A filosofía da economía solidaria recóllese na Carta de Principios da Economía Solidaria e resúmese en seis grandes principios: equidade, traballo, sostenibilidade ambiental, cooperación, sen fins lucrativos e compromiso co contorno.

Fonte Arainfo