O Consello de Ministros mediante os correspondentes Reais Decretos, aprobou a concesión de catorce Medallas de ouro ao Mérito no Traballo, entre elas está a concedida á Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), polo que a economía social está de enhoraboa.
Este galardón concédese co fin de premiar e destacar o mérito dunha conducta socialmente útil e exemplar no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo.
Cepes conta cun volume global de empregos directos e indirectos de 2, 2 millóns, as entidades que engloban a economía social (Cooperativas, sociedades laborais, confrarías, asociacións do sector da discapacidade, centros especiais de emprego, entidades de economía alternativa e solidaria, entre outras) atopan en CEPES a súa institución representativa e de interlocución coa administración pública. Fan parte dela vinteoito organizacións.
O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, sinalou que “toda a familia da Economía Social agradece profundamente este importante recoñecemento do Goberno de España , que nos anima a continuar no desenvolvemento e fomento do modelo de empresa de Economía social que aposta pola creación de emprego estable e de calidade e pola achega de valores ao ámbito empresarial”
Pedreño comentou que a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo supón un aliciente na búsqueda de espazo que entendemos debe ocupar a Economía Social nas políticas públicas tras amosar no último anos que xerou riqueza, que apostou polo desenvolvemento dos territorios, priorizando ás persoas no seu modelo empresarial e reinvertindo os beneficios para o mantemento das empresas”
O movemento cooperativo galego tamén fai parte de Cepes e de toda a familia da Economía Social, como é o caso de Ugacota a través de Coceta.