A Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) lanzou unha campaña publicitaria para acercar a xuventude ás cooperativas de traballo asociado, unha fórmula que pode axudar á xuventude, o sector máis golpeado pola crise, a conquerir un emprego estable e de calidade.
A campaña inclúe unha serie de publicidades en diferentes xornais rexionais e nas páxinas salmón do xornal El País. Tamén levouse a cabo unha cuña publicitaria, que saliu en diferentes espazos da cadea Kiss FM, especializada nun público xoven.
Ademais, a revista Alternativas Económicas sacará, co número de xaneiro, unha separata especial da campaña, e se realizaron varios vídeos, que saen nas redes sociais Twitter e Facebook, algúns dos cales xa se publicitaron e poden verse aquí :