N/P CEPES – Confederación Empresarial Española da Economía Social

CEPES aproba 74 proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo cos que se crearán 5.903 empregos e 1.206 empresas de Economía Social

No marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) cofinanciado polo Fondo Social Europeo, en que CEPES é Organismo Intermedio, a Xunta Directiva da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) aprobou 74 operacións por valor de 9.366.375,58 euros que se desenvolverán en 14 Comunidades Autónomas (entre as que está Galicia, a través da Unión de Cooperativas EspazoCoop e Agaca).

– O investimento total é de 13.057.972 euros, dos cales 9.366.375,58 euros corresponden ás axudas FSE aprobadas por CEPES para proxectos a executar en 2018, 2019 e 2020.-  Materializaranse nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Castilla-A Mancha, Castilla e León, Cataluña, Estremadura, Galicia, Navarra, País Vasco e Rexión de Murcia.

– As resolucións completas e a información relativa a estas convocatorias e ao POISES están dispoñibles na web de CEPES https://fse.cepes.es/proyectos-aprobados

(Madrid, 19 de xullo de 2018).- A Xunta Directiva da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) aprobou 74 operacións por valor de 9.366.375,58 euros, en calidade de Organismo Intermedio do “Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social” do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020.

Os proxectos aprobados posibilitarán a creación de 1.206 novas empresas e 5.903 empregos na Economía Social, ademais de consolidar e fomentar a profesionalización dos recursos humanos e a xestión de entidades de Economía Social, especialmente en cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.

As axudas aprobadas por CEPES materializaranse en 14 Comunidades Autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Castilla-A Mancha, Castilla e León, Cataluña, Estremadura, Galicia, Navarra, País Vasco e Rexión de Murcia). Durante 2018, 2019 e 2020 beneficiaranse a un total de 14.733 participantes “dos cales 2.831 son persoas con diversidade funcional ou outros colectivos en risco de exclusión”.

As axudas aprobadas por CEPES tamén permitirán que 879 participantes reciban formación cualificada, que 162 persoas con diversidade funcional ou outros colectivos en risco de exclusión transiten ao mercado laboral ordinario a través de 97 empresas e que 4.343 persoas melloren ou manteñan o seu emprego a través de diversas actuacións.

As resolucións definitivas das convocatorias publicadas por CEPES o 27 de outubro de 2017 para os obxectivos 8.3.1, 9.5.1 e 9.5.2 e do POISES están dispoñibles na web de CEPES no seguinte link: https://fse.cepes.es/proyectos-aprobados

QUE É O POISES?

O Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social para o período 2014-2020, cofinanciado polo FSE (en diante POISES), é un dos instrumentos que o Estado español deseñou para contribuír ao logro dos obxectivos marcados pola Estratexia Europa 2020, especialmente os relacionados co crecemento integrador. Así o propio POISES establece que “A promoción dun crecemento integrador pasa, entre outros elementos, por reforzar a loita contra a pobreza, a exclusión social e a discriminación, por garantir a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral e por aproveitar o potencial da economía social para a recuperación económica”, situando, deste xeito, a promoción da economía social como un dos eixes fundamentais do programa operativo.

O Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) ten como obxectivos estratéxicos:

– promover a inclusión social fomentando mercados laborais inclusivos e desenvolvendo estratexias de intervención integrales e

– aproveitar o potencial da economía social para crear emprego estable e de calidade no territorio.

O público obxectivo do POISES será a poboación en risco de exclusión e as persoas e entidades vinculadas ao sector da economía social.