A Inspección de Traballo iniciou unha campaña para verificar se as empresas rexistran a xornada das persoas traballadoras.
A Inspección endureceu os controi e está incrementando a revisión daqueles aspectos que teñas que ver coa actividade da empresa, as súas empregadas/os e o horario de funcionamiento, con especial atención aos rexistro da xornada e cuadrantes de traballo de traballadoras/es a tempo parcial. Se o incumprimento debérase a cuestións formais ou documentais contémplase unha multa de entre 60 e 625 euros, podendo ser de ata 6.250 euros en caso de incumprimento en materia de xornada.
Tódalas empresas deben instaurar sistemas para rexistar a xornada e aplicalo a tódolas traballadoras/es.
O rexistro diario da xornada debe existir en tódalas empresas de forma obrigatorio independentemente da súa actividade ou tamaño, xa sexa a través de medios mecánicos ou ben manuais, reflectíndose, día a día e de forma individual por cada trabajador/a, a xornada diaria realizada, trala recente sentencia de 4 de decembro de 2015 dictada pola Sala Social da Audiencia Nacional que dá resposta á cuestión plantexada afirmativa e rotundamente sobre a obrigatoriedade para as empresas de levar un rexistro de xornada diaria.
Por Lei debe levarse rexistro do horario das empregadas/os con contrato a tempo parcial ou a tempo completo e implantar sistemas de control para elaborar e xestionar o rexistro da xornada laboral.
Para descargar a Nota Informativa completa, facilitada pola Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado COCETA, fai clic : AQUÍ