Elaborouse o borrador da “Estratexia para o impulso do cooperativismo galego 2016-2020”, sobre o que se informou o pasado 11 de febreiro no Consello da Xunta de Galicia, con este paso dá inicio a súa tramitación formal, e coa Estratexia quérese recoñecer e guiar as liñas de apoio e as políticas de fomento ao cooperativismo nos vindeiros anos, así como recoñecer aos distintos axentes implicados e comprometidos con elo.
Este documento é o resultado dun proceso de traballo conxunto realizado o ano pasado no que participaron ademais da Administración competente, representantes das asociacións de cooperativas galegas, do Igape, a Universidade de Santiago de Compostela, e membros de varias cooperativas de traballo asociado e agroalimentarias.
Para acceder ao documento final do borrador, entra no Espazo de Participación, no apartado da Estratexia, coa contrasinal facilitada por Ugacota ás cooperativas socias: preme aquí