Asemblea xeral extraordinaria de cooperativas socias 

30 de novembro, 1ª convocatoria 16 h. | 2ª convocatoria 16.30 h.

Cidade da Cultura, Monte Gaiás – Santiago
Biblioteca e Arquivo de Galicia, Sala 1

Sesión participativa para definir o Plan de Traballo 2019

A Unión de Cooperativas Espazocoop celebra unha asemblea xeral extraordinaria na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 30 de novembro, que ten como obxetivo identificar propostas de accións e actividades para o Plan de Traballo de Espazocoop 2019.

Reunirémonos na Sala 1 do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (na convocatoria aparece un mapa da Cidade da Cultura)

Consulta a convocatoria da Asemblea de socias neste enlace  (* Toma boa nota da convocatoria corrixida, que inclúe un punto adicional non reflectido na primeira comunicación enviada ás cooperativas socias)

Os documentos de traballo para esta sesión están no seguinte enlace. Introduce a contrasinal (1) das socias para acceder e poderás consultar os seguintes documentos :

– Plan estratéxico
– Plan de relacións intitucionais

Por favor, confirma a túa asistencia cumprimentando este formulario

 

Gustaríanos contar contigo para definir o Plan de Traballo 2019 de Espazocoop. Agardámoste!

(1) Se non tes a man a contrasinal contacta con Espazocoop para facilitarcha.