As primeiras socias de 2023



Presentamos a un grupo de cooperativas, novas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

 

 

• ALDEA INTEGRAL •


Aldea Integral | Tenda de alimentación e produtos ecolóxicos.

Aldea Integral, S. Coop. Galega é unha cooperativa de consumo, fundamentalmente de alimentación, con especial preocupación polos alimentos ecolóxicos e pola produción de proximidade. Tratan de conquerir outros bens que precisan as súas socias, como bens de menaxe, limpeza do fogar, hixiene persoal e doutro tipo.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de consumo | Web: neste enlace


• FILLAS DA TERRA •


Fillas da Terra | Cultivo e venda de produtos agroecolóxicos.

Fillas da Terra S. Coop. Galega non fan uso de ningún tipo de químicos, maquinaria, ou plásticos. Venden cestas de hortalizas cultivadas na súa horta con varias opcións de prezos, fan reparto de proximidade só na provincia de Pontevedra.

Domaio – Moaña (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace


• PERFORMA •


Performa | Servizos no ámbito cultural

Servizos de consultoría, xestión e comunicación, especialmente no ámbito cultural.

Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado | Web: neste enlace


• NAVE DE LATA •


Nave de Lata | Xestión cultural

Xestión cultural, produción musical e de eventos, management, acompañamento artístico, e booking de artistas.

Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado | Web: neste enlace


• MARMA •


Marma | Comunicación e contido responsable

Marma S.Coop. Galega é unha axencia de contido responsable. Utiliza a comunicación e o audiovisual como unha ferramenta de transformación para xerar impacto social positivo.

Traballan creando contidos responsables, isto é, auténticos, rigurosos, creativos e diversos en diferentes formatos, priorizando o audiovisual. Desenvolven toda a estratexia de comunicación ou forman só unha pequena parte grazas ao traballo con outros equipos creativos de deseñadores, grafistas, cámaras, xornalistas, etc.

A súa misión é favorecer unha comunicación con impacto entre persoas e entidades.

Miño (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado | Web: neste enlace


• LUNA DE BRIGANTIA •


Luna de Brigantia | Atención á saúde das mulleres

Luna de Brigantia S. Coop. Galega ofrece actividades competenciais propias das matronas e doutras profesionais  sanitarias relacionadas coa saúde das mulleres e as familias.

  • Realizan atención á maternidade desde a preconcepción ata o posparto e tamén o resto da vida sexual e reprodutiva das mulleres.
  • Consultas de embarazo a domicilio con opción a resolución de dúbidas de forma áxil e rápida durante o período de seguimento.
  • Disponibilidade para a atención e asesoramento telefónico ou presencial durante a dilatación e o parto no domicilio as 24 horas do día.
  • Consultas de lactancia e posparto no domicilio con opción a resolución de dúbidas.
  • Educación sanitaria referente aos coidados das persoas recén nacidas e a familia.
  • Consultas de saúde sexual: anticoncepción, recuperación pélvica, prevención de cancro de cérvix, entre outras.

Algúns destes servizos son prestados dentro do sistema público de saúde, pero ás veces cun acceso difícil e en consultas curtas. Lúa de Brigantia en contra posición ofrece tempo e escoita nas consultas.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa traballo asociado | Web: neste enlace


• INTERPYME •


Interpyme | Asesoría

Interpyme S. Coop. Galega é unha asesoría no ámbito fiscal, contable e laboral.

Cangas (Pontevedra) | Cooperativa traballo asociado


• FALAR A MARE •


Falar a Mare | Laboratorio de Moda

Falar a Mare S. Coop. Galega impulsan e desenvolven proxectos relacionados coa moda sostible e a economía circular no sector téxtil.

Son un laboratorio de moda: un espazo físico e virtual centrado no téxtil. Un lugar onde axudan a formarse, investigar, e desenvolver os proxectos doutras persoas, empresas e organizacións.

Dividen a súa actividade en tres ramas, que se desenvolven de maneira independente pero que á vez compleméntanse e se alimentan unhas das outras:

  • Formación: novas ferramentas e coñecementos para liderar as novas empresas do téxtil.
  • Asesoramento: poñendo a dispor o seu coñecemento, ecosistema e experiencia.
  • Lanzadeira: axudando a poñer en marcha proxectos adaptados a un colectivo ou territorio concreto.

Arteixo (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado


• CUARZO VERDE •


Cuarzo Verde | Educación ambiental

Cuarzo Verde S. Coop. Galega realizan educación ambiental e talleres para unha vida sostible, incluímos o ocio na transición hacia esta vida en harmonía co entorno, facendo rutas de sendeirismo na provincia de Pontevedra e nas Illas Atlánticas.

  • Sendeirismo
  • Talleres
  • Creación de contidos

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa traballo asociado | Web: neste enlace


• ARREDA •


ARREDA | Servizos de xardinería e silvicultura

Arreda S. Coop. Galega é unha empresa enmarcada no sector da silvicultura e xardinería, ofrecendo servizos de restauración, mantemento e coidado de fincas, xardíns e terreos.

Cun equipo formado e especializado en labores como a tala, poda, rozas manuais ou mecánicas, aplicacións biocidas, plantacións, eliminación de especies invasoras e recuperación de espazos periurbanos entre outros.

Dende Arreda entenden a necesidade de ofrecer un tipo de cobertura que non deixa de ser forestal, aplicado a pequena escala e dunha forma técnica e axeitada para cada situación.

Boiro (A Coruña) | Cooperativa de Traballo Asociado | Web: neste enlace



Grazas por sumarte, somos a maior rede de cooperativas en Galicia.

Que podemos facer por ti?, fai click Asóciate!