As cooperativas galegas xa poden candidatarse aos Premios á Cooperación 2020
Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria convócanse os Premios á Cooperación 2020.
Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.
Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.
Modalidades:
Premio aos Valores Cooperativos
á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos, dotado con 5.000 €.
Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo Novo
cooperativa con antigüedade igual ou menor a 42 meses, que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais, dotado con 5.000 €.
Premio á Traxectoria Cooperativa
cooperativa con antigüedade maior a 42 meses, que destacase no ámbito económico e social, dotado con 5.000 €.
Prazo: a presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2020
Descarga as bases reguladoras, preme aquí.
Descarga o cartel dos Premios, aquí.