As cooperativas de traballo creceron en 13.249 empregos en 2016. Dende 2011 creáronse máis de  7.000 novas empresas cooperativas.

2016 foi un bo ano para a creación de cooperativas de traballo. Segundo as últimas cifras difundidas polo Ministerio de Emprego, ao finalizar o terceiro trimestre de 2016 creáranse un 7,23% máis de cooperativas de traballo  que no mesmo período de 2015. En termos absolutos o número de cooperativas incrementouse nun 2% ao finalizar o 2016.

“Estamos creando novas empresas, debido a unha amplia labor de promoción e difusión do modelo cooperativo que levamos a cabo en cada rincón de España”, explicou Juan Antonio Pedreño, presidente da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA). “Pero non nos quedaremos parados porque queremos que continúe creándose emprego en cooperativas”.  En 2016 aumentaron os empregos cooperativos na Industria nun 4,4%. Máis de 14.923 persoas optaron polas cooperativas de traballo no Sector Servizos, para ter un emprego, estable e indefinido. Estos datos reafirman a demanda de Pedreño, cando expresa “Queremos que as cooperativas de traballo sexan tomadas en conta á hora de planificar políticas económicas, laborais e sociais”.

En España, segundo as cifras oficiais, o 80% das persoas que traballan nas cooperativas son socias, e teñen contratos indefinidos. Ademais, as mulleres representan o 49% das persoas que traballan nas cooperativas de traballo, e o 39% accede a postos de responsabilidade, unha cifra moito maior que noutros modelos empresariais. Durante a crise, as cooperativas perderon un 12% menos de emprego que o resto das fórmulas empresariais.

Crecemento por CCAA

Por comunidades autónomas, a comunidade que maior número de  empresas cooperativas creou foi Catalunya, e, en termos porcentuais destaca Navarra, cun 15,3% respecto do 2016.

Desde 2011 creáronse máis de  7.000 novas empresas cooperativas, das que unha media do 76% son de cooperativas de traballo. Son empresas 100% participadas polas persoas traballadoras, que as forman.

Fonte: Coceta | www.coceta.coop