Estas son as accións formativas da cooperativa Simbiosis, S. Coop. Galega que forma parte da Unión de Cooperativas EspazoCoop, e que poden resultar de interese para cooperativas durante este mes de Outubro.

En todos os  cursos hai una tarifa xeral e outra para persoas desempregadas, sobre estas tarifas aplican descontos do 10% para as persoas que sexan socias ou traballadoras de cooperativas e un 5% para exalumnado. Tamén hai posibilidade de bonificar a través da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE):

 

Área Biosanitaria:

Bioestadística Práctica – online – (20 horas) Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 2,8 créditos de formación continuada para todas as profesións sanitarias. Datas: 2 outubro – 20 decembro.

Bioestadística aplicada. Interpretación e Avaliación de Probas Diagnósticas – online –  (40 horas). Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 6,7 créditos de formación continuada para todas as profesiones sanitarias de nivel licenciado. Datas: 10 outubro – 18 decembro.

Bioestadística aplicada. Regresión loxística  online – (30 horas). Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 5 créditos de formación continuada para todas as profesiones sanitarias con titulación de nivel licenciado, diplomado ou grao. Datas: 23 outubro – 20 decembro.

Búsqueda bibliográfica en PubMed  online – (15 horas). Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 3,3 créditos de formación continuada para todas as profesiones sanitarias. Datas:: 9 outubro – 4 decembro.

Área Seguridade Alimentaria:

Trazabilidade en empresas del sector alimentario – online – (25 horas). Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 3,8 créditos de formación continuada para licenciados/grado en veterinaria. Datas:  16 outubro – 20 decembro.

Plans Xerais de Hixiene e autocontrois basados en Análises de Perigos e Puntos Críticos de Control (APPCC) en restaurantes e comedores colectivos – online – (60 horas). Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 9,5 créditos de formación continuada, para licenciados/grado en veterinaria y licenciados/grado en Farmacia. Datas: 2 outubro – 28 decembro.

Prácticas correctas de hixiene e autocontrois basados en APPCC no obrador de panadería, bolería e pastalería – online – (60 horas). Curso acreditado polo Sistema Nacional de Salud con 9,5 créditos de formación continuada, para licenciados/grado en veterinaria y licenciados/grado en Farmacia. Datas:  10 outubro – xaneiro.

Implantación de sistemas de autocontrol basados en Análises de perigos e Puntos de Control Crítico (APPCC) en comercio minorista de alimentación online – (60 horas). Datas: 22 outubro – xaneiro.

Cereais, legumes, froitos secos e outras sementes – online – (60 horas). Solicitada acreditación. Datas:  3 outubro – 28 decembro.

Área docencia:

Moodle para profesorado – online – (40 horas). De interés para calquera profesional que queira adicarse á docencia online. Datas: 30 outubro – 30 xaneiro.

 

Poden consultar  toda a información a través das ligazóns, na axenda da súa web: www.cooperativasimbiosis.com, o no seu catálogo de cursos.

Para solicitar información poden facelo a través de formacion@cooperativasimbiosis.com.