Arranca ‘Bolsas de apoio á Mellora’ en cooperativas e entidades de economía social’
EspazoCoop promove este programa que impulsa a mellora nas cooperativas e outras entidades de economía social (ES). A Unión marcouse como meta ofrecer un servizo de apoio e consolidación cooperativa, neste caso ao labor xerencial ou as distintas áreas dunha empresa cooperativa, lanzando para elo o“Programa de bolsas de apoio á mellora en cooperativas e entidades de economía social”.
A pasada semana arrancou a estadía en prácticas das persoas seleccionadas para apoiar ás organizacións beneficiarias, as cales seguirán un programa teórico-práctico durante 4 meses, e contarán con titorías de EspazoCoop. As persoas bolseiras contan con formación na área empresarial e prestarán apoio a 6 cooperativas socias e unha entidade de Economía Social (ES).
Estas son as beneficiarias de Bolsas este ano 2019
- SERAGRO S. Coop. Galega – Ames
- PROXECTO BEN MERCADO – Santiago de Compostela
- CAL3 S. Coop Galega – Redondela
- COMPOSTELA INSERTA – Santiago de Compostela
- ZOCAMIÑOCA S. Coop. Galega – A Coruña
- MIRAXE S. Coop. Galega – Santiago de Compostela
- XERACCIÓN S. Coop. Galega – Ourense
Nesta edición recibíronse 18 demandas que pasaron un proceso de selección basado nos criterios da convocatoria que ofertou 7 bolsas para desenvolverse entre o 1 de abril e o 31 de xullo de 2019.
A finalidade do programa é dobre, mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial e impulsar procesos de mellora e crecemento, e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas e organizacións de ES.
O programa de bolsas está enmarcado na programación 2019 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia