Arranca ‘Bolsas de apoio á mellora en cooperativas e entidades de economía social’

EspazoCoop promove este programa que impulsa a mellora nas cooperativas e outras entidades de economía social (ES). A Unión marcouse como meta ofrecer  un servizo de apoio e consolidación cooperativa, neste caso ao labor xerencial ou as distintas áreas dunha empresa cooperativa, lanzando para elo o“Programa de bolsas de apoio á mellora en cooperativas e entidades de economía social”.

A pasada semana arrancou a estadía en prácticas das persoas seleccionadas para apoiar ás organizacións beneficiarias, as cales seguirán un programa teórico-práctico durante 4 meses, e contarán con titorías de EspazoCoop.  As bolseiras contan con formación na área empresarial e prestarán apoio a 6 cooperativas socias e unha entidade de Economía Social (ES).

Estas son as beneficiarias de Bolsas este ano 2019

Nesta edición recibíronse 18 demandas que pasaron un proceso de selección basado nos criterios da convocatoria, que ofertou 7 bolsas para desenvolverse entre o 1 de abril e o 31 de xullo de 2019.

A finalidade do programa é dobre, mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial e impulsar procesos de mellora e crecemento, e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas e organizacións de ES.

O programa de bolsas está enmarcado na programación 2019 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia

El pase de diapositivas requiere JavaScript.