Arranca a formación na Aceleradora [economíasocial-Laces]
O programa da ACELERADORA de Proxectos de Economía Social, que coordina EspazoCoop, inicia a etapa de Formación para os proxectos seleccionados das cooperativas A Factoría s. coop. galega; Metrópolis s. coop. galega; Siauto s. coop. galega; Teixugo s. coop. galega; Xedega – Algalia s. coop. galega; Abeluria s. coop. galega; e a pre-cooperativa Caixa Virtual de Troco.
Cada un dos 7 proxectos beneficiarios recibirá 20 horas de capacitación individualizada acaída á actividade acelerable. Serán sesións dinamizadas polo persoal técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop nas que abordarán aspectos de financiamento, organización, redes comerciais ou rse ambiental, entre outras, e serán impartidas durante os meses de decembro de 2018 e xaneiro de 2019 nas distintas sedes da Unión.
Esta etapa formativa despois será completada cun Proceso de Titorización de 40 horas por cada proxecto beneficiario.
A Aceleradora é un servizo que presta a Unión de Cooperativas para dar soporte na maduración, no acceso a financiamento, e na posta en marcha de proxectos de economía social innovadores, acelerables, e susceptibles de investimento financeiro. Está orientada a proxectos en fase de lanzamento ou de expansión da súa actividade, no marco do Proxecto LACES – Interreg V-A Poctep 2014-2020 no que participa EspazoCoop en colaboración con organizacións de Galicia e Portugal.
As Aceleradoras do Proxecto LACES pretenden reducir o tempo de posta en marcha dun negocio e aumentar a súa visibilidade, e céntranse no aproveitamento dunha rede de espazos transfronteirizos que, operando coa mesma metodoloxía acaden os obxetivos. Estas aceleradoras darán soporte na maduración, no acceso ao financiamento e na posta en marcha de proxectos de economía social innovadores, acelerables e susceptibles de investimento financeiro.
A Aceleradora é un Programa de Formación e Asesoramento orientado a persoas emprendedoras e empresas de economía social que teñan intención de poñer en marcha ou consolidar o seu negocio en curto prazo, a través do cal se lles facilita que poidan actuar de forma autónoma e independente para impulsar procesos de mellora e consolidación.
Proxecto cofinanciado por FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 | www.laceseconomiasocial.com
LABORATORIOS DE APOIO Á CREACIÓN DE EMPREGO E EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL (LACES)