Venres 25 xaneiro 2019
| ANUNCIO DE CONTRATACIÓN |
Presentación de ofertas: Ata o mércores 6 de Febreiro de 2019
CONTRATACIÓN DO SERVIZO:
Auditoría Externa das contas anuais do exercicio 2018 da Unión de Cooperativas EspazoCoop e da Xustificación de Subvención 2019 concedidas á Unión por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para entidades de economía social.
Obxecto:
– Servizo de Auditoria Externa das contas anuais do exercicio económico de 2018 da Unión de Cooperativas EspazoCoop, atendendo á normativa da Lei de Cooperativas de Galicia, da lexislación contábel e de auditoría de contas, así como do acordo tomado polo Consello Reitor da Unión.
– Informe de Auditoría Externa vinculado ao proceso de xustificación da subvención concedida a EspazoCoop, ao abeiro da orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para sufragar os gastos de funcionamento das entidadades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción para 2019.
Entidade contratante : Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Duración do contrato: Até a presentación do informe de cada un dos servizos, en todo caso, até o 10 de outubro de 2019.
Prezo base de licitación: Oferta presentada por cada licitadora, atendendo ás características do servizo a contratar e aos criterios habituais fixados pola normativa e prácticas do sector.
Presentación de ofertas: A través do correo-e info@espazo.coop
Data límite de presentación de ofertas: 6 de Febreiro de 2019.
Obtención de documentación, descarga do prego de condicións e outra información de interese, preme aquí
Tamén a través da web de EspazoCoop – www.espazo.coop.