A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) reclama ás forzas políticas que a Economía Social convértase nuha prioridade para o próximo Goberno de España que xorda tralas eleccións do 20-D.

O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, afirmou que “os partidos políticos teñen que atender a demanda da sociedade de apostar por outro modelo empresarial, máis participativo, que cree emprego, fomente a innovación, o desenvolvemento local e a cohesión social, e no que primen as persoas por enriba do capital e os beneficios sexan distribuídos, características todas elas que conforman o ADN da Economía Social”.

Pedreño fixo estas declaracións o pasado 17 de novembro na presentación das propostas que CEPES, que como representante e interlocutor da Economía Social, trasladou a todos os candidatos á Presidencia do Goberno.

“Somos conscientes de que non pode haber progreso económico se non hai progreso social, e a Economía Social demostra que é posible crear riqueza económica e social; como evidencian as súas casi 43.000 empresas que aportan o 10% do PIB e 2,2 millóns de empregos directos e indirectos”, indicou Pedreño.

O documento presentado por CEPES, como axente social, consta de cinco grandes propostas destinadas a que os partidos políticos as inclúan en sus programas electorais. O documento está disponible no seguinte enlace: PROPOSTAS-CEPES-ELECCIÓNS-20-D

Neste sentido, Pedreño suliñou a positiva acollida que inicialmente tivo o documento de CEPES por parte do Partido Popular, PSOE e Podemos. CEPES espera concretar con Ciudadanos, e co resto de forzas políticas cal é a súa opinión ou propostas en relación á Economía Social.

Propostas de CEPES ás Eleccións Xerais 20 D, os cinco grandes puntos :

1.- PARTICIPACIÓN NO DIÁLOGO SOCIAL

2.- ECONOMÍA SOCIAL, PRIORIDADE POLÍTICA

3.- ELIMINAR BARREIRAS ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL

4.- DESENVOLVEMENTO DE CLÁUSULAS SOCIAIS

5.- APROBAR UNHA LEI DE PAGOS

“Temos cerca dunhas coarenta propostas concretas que trasladaremos e negociaremos co próximo goberno, pero sintetizamos estos cinco grandes puntos que trasladamos a todos os partidos políticos, coa esperanza de que as incorporen nos seus programas e, con elo, o próximo goberno recoñeza a Economía Social como unha ferramenta fundamental para crear emprego e riqueza económica e social”, suliñou o presidente de CEPES.

Ver a nova completa aquí.

CEPES é unha confederación de ámbito estatal, e carácter intersectorial. É a máxima organización representativa da Economía Social en España, constituíndose como unha plataforma de diálogo institucional con axentes públicos. Aglutina a 28 organizacións estatais ou autonómicas, máis de 42.900 empresas, máis de 2.219.000 postos de traballo, e máis de 19.876.000 de persoas asociadas.

UGACOTA a través de Coceta fai parte de Cepes.

Nova recopilada da web de Cepes.