Hai uns meses finalizaba o vinte aniversario da cooperativa Algalia e hoxe estrean a nova web. Detrás dunha web sempre hai unha estratexia de comunicación, que fai de cada unha algo diferente. Con ela prentende achegarse mellor ao que xa lles coñecedes e aos que aínda non tiveron esa oportunidade.
A web trata de recoller quenes son nestes momentos e quenes queren ser. Nela amosan algúns dos elementos que conforman a súa identidade e a forma de estar no sector de la economía social. Algúns aspectos a destacar :
- Amosar máis quen son, quenes foron e a que aspiran. Son da idea de que non se pode entender o que fan sen coñecer a súa identidade.
- Incorporan un deseño gráfico que lles axude a explicar mellor o valor que queren aportar cos seus servizos e cal é a relación que xeneran coa súa clientela.
- As alianzas forman parte deles/as, conformando parte da súa identidade e son un elemento de valor na provisión de servizos.
- Coa información, cursos, axudas, queren ofrecervos oportunidades de mellora, dunha forma práctica e didáctica.
Esperan que este novo espazo de difusión, vos resulte cómodo e útil.
Fonte: Algalia – Celso Gándara – Xerente de Algalia S. Coop. Galega