Acto polo Día da Economía Social Galega
O Foro pola Economía Social Galega -Foroesgal- organiza un acto para celebrar o Día da Economía Social Galega que terá lugar o vindeiro 31 de maio, a partir das 12.00 horas, no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela.
Con tal motivo o Foro convida ás cooperativas socias de EspazoCoop e a tódalas persoas interesadas na economía social a asistir a dita celebración, alí xuntaranse integrantes de organizacións representativas dos diferentes modelos da economía social en Galicia. En concreto, asistirán Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, entre outras, e todas elas celebrarán de xeito previo as súas respectivas asembleas, entre as 10 e 12 h., para unirse a continuación á xornada impulsada, un ano máis, dende o Foroesgal.
A xornada será inaugurada ás 12.30 horas polo Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, ao que seguirá a intervención do presidente do Foro, Celso Gándara, para dar a benvida aos asistentes. A continuación terá lugar unha mesa redonda con diferentes convidados que permitirá analizar o panorama da economía social ante os vindeiros retos lexislativos.
A clausura do acto está prevista para as 14 h.
A partir das 14.15 h. servirase un Cóctel a tódolas persoas asistentes.
INSCRICIÓNS a través do seguinte formulario: https://acortar.link/yoEcUj