Dende ACR ASESORES & CONSULTORES S. Coop. Galega, en colaboración con ALCER (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril) queren facervos participes da obra de teatro que representa a compañía PINGA TEATRO e que leva por título:

“ PAI NON HAI MÁIS QUE UN ”

A representación será este sábado 23 de abril no Centro Cívico de Teis en Vigo (Camiño Maceiras s/n) ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 3 €.

Pretenden con este acto contribuír e apoiar á Asociación, así como poñer en valor o traballo desenvolvido por tantos e tan bos profesionais que se ocupan e preocupan non só desta enfermidade senón tamén das carencias e necesidades das persoas que a padecen. Aproveitarán este evento, para facer entrega dunha serie de premios a algúns destes profesionais que pola súa traxectoria destacaron especialmente na loita contra esta esta enfermidade.

Prégase confirmación de asistencia ao acto a través de correo electrónico ou telefonicamente: luisa@acrconsultores.com – 986 128 580/90.

Esperan contar coa vosa presencia, e así poder disfrutar desta orixinal e divertida representación teatral.