O equipo do proxecto icoopera, programou catro accións formativas GRATUíTAS específicas en materia de I+D+i, de carácter mixto (virtual + presencial) para o sector cooperativo.

Con estas accións, preténdese proporcionar ao persoal xestor, de dirección e profesionais das organizacións cooperativas, un conxunto de coñecementos, ferramentas e pautas metodolóxicas que lles permitan deseñar a estratexia de innovación das súas empresas cooperativas e levar a cabo a xestión da I+D+i nas súas respectivas organizacións.

As persoas participantes recibirán un diploma xustificativo da formación cursada. Aqueles alumnos/as que completen os catro cursos propostos (80 h. Teleformación + 20 h. Presencial), obterán ademáis un recoñecemento do equipo formador como XESTOR DE INNOVACIÓN.

A proposta formativa é a seguinte:

Curso Vixilancia Estratéxica, prazo inscrición: 15/10/15

Curso Creatividade no Deseño de Novos Produtos e Servizos, prazo inscrición: 15/10/15

Curso Xestión de Proxectos de I+D+i, prazo inscrición: 15/10/15

Curso Estratexias de Innovación e Comercialización de Resultados, prazo inscrición: 30/11/15

Para saber máis sobre cada curso e inscribirse, fai clic aquí 

icoopera

E unha iniciativa promovida pola Consellería de Traballo e Benestar que ten por obxecto impulsar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, a dinamización de redes, e o estímulo da utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións, nas cooperativas de Galicia.

Contacto

Se desexa participar nesta iniciativa ou precisa de máis información, contacte en:
Teléfono 981 552 059
info@innovacioncooperativas.coop