CEPES presentou unha nova edición do seu Ranking de Empresas Relevantes da Economía Social entre as que se atopan varias cooperativas socias de UGACOTA como Seragro, S.Coop. Galega, Cotrasvi, S.Coop. Galega e Pannosco, S.Coop. Galega.
Este Ranking ten por obxecto facer visibles ás empresas da Economía Social que fan posible a racionalidade económica e o progreso social.
As empresas do ranking facturan un total aproximado de 44.820.- millóns de euros e dan emprego a perto de 296.000.- persoas.
Non queremos esquecer ao resto de pequenas e medianas empresas do terceiro sector que non saen no Ranking, pero que contribúen aos 145 .000.- millóns de euros de facturación, máis de 2,5 millóns de persoas relacionadas coa Economía Social, pero sobre todo que contribúen a facer un mundo mellor, máis xusto e solidario.