Novas Cooperativas Socias

Queremos presentarvos un grupo de 6 cooperativas, son as últimas incorporacións como socias á Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Para dalas a coñecer publicamente e entre as demais asociadas, presentámolas brevemente e vos deixamos a súa referencia.

 

 

 

CUNDE

En CUNDE s. coop. galega adícanse a producir, xestionar, distribuír e coordinar eventos culturais.

Hai un tempo e tras confluir varias das traxectorias profesionais das socias e socios fundadores, decidiron poñer en marcha un proxecto empresarial común. Pensaron no termo de traballo asociado como a mellor maneira de definir o que adoitaban facer cando precisaban colaborar nos proxectos do sector e de aí xurdiu CUNDE, a súa cooperativa.

Avaladas/os pola traxectoria e experiencia profesional de cada unha das persoas socias e habituais colaboradoras/es, cooperando e traballando pola xestión e coordinación da produción cultural en Galicia.

Cunde son unha cooperativa de traballo asociado con sede na provincia da Coruña.

http://www.cunde.gal


PLANO PEMENTA

PLANO PEMENTA son unha cooperativa de traballo con sede na Coruña con actividade nestas áreas:

– Educación e formación artística e similares.
– Creación artística e similares.
– Xestión cultural.
– Investigación educativa.

http://www.planopementa.es


SETEOITAVAS

SETEOITAVAS é unha cooperativa de traballo asociado con sede na cidade de Vigo e con actividade nestes campos:
– Arquitectura
– Urbanismo
– Patrimonio
– Fotografía

http://www.seteoitavas.com


LABORATORIO ESCÉNICO

LABORATORIO ESCÉNICO é unha empresa cooperativa de traballo con sede na Coruña que se adican á:
Formación, Investigación e Creación de Artes Escénicas, nos campos da Danza, o Teatro e a Música.

Espazo de formación, creación, investigación e desenvolvemento das Artes Escénicas en A Coruña. Situado no barrio de Montealto e xestionado por Carmen Cotelo e Alba Fernández, creadoras, intérpretes e mestras de teatro e danza respectivamente. O espazo contará con formación de calidade de danza, teatro e música para todas as idades e niveis, ademáis de funcionar como espazo para as/os profesionais das Artes Escénicas, sendo unha sede de creación e encontro multidisciplinar para todas e todos.

https://www.laboratorioescenicocoop.com


SISARGAS

SISARGAS s. coop. galega é unha cooperativa de traballo ubicada en Malpica. Unha das súas actividades principais é a xestión do Camping Sisargas, situado na Costa da Morte no período de xuño a setembro. Pero ademais realizan actividades de ocio, tempo libre e lecer con diversos colectivos.
Son unha cooperativa cuxo obxetivo é fomentar un turismo rural sostible, fomentando prácticas turísticas respetuosas co medioambiente e a cultura local, que supoñan un impacto positivo sobre o tecido e a economía social da comarca. Apostan pola horizontalidade, transparencia e igualdade na súa de xestión interna.

https://www.sisargas.com


MERCADO DA TERRA

MERCADO DA TERRA é unha cooperativa de traballo da cidade de Ferrol, e trátase dun espazo onde as persoas que creen que a alimentación é importante poderán atopar unha gran variedade de produtos ecolóxicos, saudables e de proximidade.

Mercado da Terra é unha Tenda física para a venda de produtos alimentarios e doutro tipo.

https://www.facebook.com/mercadodaterracoop/


 

***Lembra que no DIRECTORIO DE COOPERATIVAS da nosa web podes coñecer máis cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop coas que intercooperar e colaborar, ou simplemente para buscar provedoras nas que realizar consumo cooperativo e manter relacións comerciais en circuítos de economía social ou de mercado social.