A cooperativa: unha empresa 10, é unha guía elaborada pola Rede Eusumo que ten como obxectivo informar ás emprendedoras sobre os principais aspectos que caracterizan ás cooperativas. Esta guía está composta polos seguintes capítulos:

 

 

 

•    Razóns para emprender: Animando ao emprendedor-a a buscar o autoemprego.
•    Motivos para apostar por unha cooperativa: Fomentando o autoemprego cooperativo.
•    Diferenzas con outras formas xurídicas: Amosando as particularidades das cooperativas con outro tipo de sociedades.
•    Valores cooperativos: Facendo referencia aos valores nos que se fundamentan as cooperativas.
•    Características que definen ás cooperativas.
•    Cuestións legais que afectan ás cooperativas.
•    Trámites para pór en marcha unha cooperativa.
•    Incentivos e axudas públicas destinadas ás cooperativas.
•    Directorio cos servizos de apoio ás cooperativas.

Manual: A Cooperativa, unha empresa 10

A Rede Eusumo é unha rede liderada pola Xunta de Galicia para fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade asociada da Rede Eusumo.