Os días 27 e 28 de maio de 2015, en Santiago de Compostela, terá lugar un seminario do Proxecto Symbios, baixo o título Recomendacións para planificar as políticas públicas a prol duns territorios inclusivos.
O día 27 de Maio está previsto a realización da dinámica de cita rápida, Speed dating, co obxetivo de promover redes, dende as 16,15 h ás 17,30 h.
Fai clic : Información Speed dating
Para facer posible a dinámica do Speed dating e o seu obxectivo, precísase coñecer con anticipación as redes que queren estar. Por iso fan unha invitación a todas as entidades e persoas interesadas en dar a coñecer ou promover unha rede, sexa de carácter formal ou de carácter informal.
O prazo para apuntarse remata o 30 de abril.
Envía un correo manifestando interese en participar ou calquera dúbida que sexa preciso resolver: symbios@proxectosymbios.eu
Se o prefires, podes chamar directamente ao teléfono: 981 589 269 ou 627 570 947, preguntando por Ana Lorenzo ou Armando Broz.