Proxecto FINANZAS ESCOLARES SOLIDARIAS
“O fondo solidario”

O IES de Terra de Trasancos de Narón foi galardonado este ano no Reto Emprende 2020 do programa Jóvenes Emprendedores de EduCaixa, da Fundación La Caixa, por un proxecto sobre finanzas escolares solidarias que elaboraron dentro da asignatura de Economía. O proxecto consistía na creación dun Fondo Solidario.

Manolo Rivera, profesor de Economía e profesor do IES Terra de Trasancos leva anos impulsado proxectos de economía social e solidaria no seu espazo de traballo e xeográfico. Dinamizou este proxecto “Finanzas Escolares Solidarias”, que recibíu un premio da La Caixa.

Agora o IES está interesado en difundilo aproveitando que está en marcha o curso 2020-2021 para DALO A COÑECER e contactar con outros institutos e centros de ensino que poidan estar interesados e nos que poder facer REDE con este tipo de proxecto.

O Fondo Solidario serviría para afrontar emerxencias socio-económicas do alumnado con menos recursos, poñer en marcha proxectos de emprendemento solidario ou servir de aval ante o banco para viaxes formativos dos estudiantes.

Este é un pequeno extracto do PROXECTO DO ALUMNADO que presentaron ao concurso de La Caixa:

ANTECEDENTES E NECESIDADES
En ocasións detectamos que compañeras/os teñen dificultades para apuntarse a una excursión, incluso cando o importe é menor de 5 €. Tamén detectamos problemas na cafetería do Instituto, coller unhas fotocopias e outras situacións, o que significa a súa exclusión en actividades básicas do centro.
O noso equipo de traballo buscou información e descubriu “As finanzas solidarias” que cubren as necesidades básicas da poboación.
Estas finanzas dan prioridade ás persoas con poucos recursos mediante unha serie de instrumentos financieros como poden ser os microcréditos, ou a autofinanciación entre colectivos, entre outras.
Para coñecer as necesidades reais, realizamos un “mapa de empatía” e entrevistamos ao profesorado, á AMPA e ao alumnado.
Ademais da exclusión que xa describimos, apareceron outras que podemos resumir en, dificultades para:
-Estudar graos ou ciclos formativos fóra da nosa comarca.
-Financiar iniciativas emprendedoras dos nosos compañeiros/as.

APROXIMACIÓN
Nós propoñemos crear entre toda a comunidade escolar un “Fondo Solidario” cunha aportación inicial a principio de curso de 10 € por familia, creando una “comisión de finanzas sociais” que pode ser a comisión económica que xa existe no instituto.
Utilizando a metodoloxía “Design Thinking” prototipamos 5 produtos:
-Fondo Solidario.
– Avais a emprendementos de alumnos/as e negociación coa entidade onde depositemos o fondo para que ofrezcan condicións favorables de préstamo para o emprendemento.
– Préstamos de estudos para alumnas/os que estuden fóra, e que podan financiar en condicións favorables, tanto a matrícula como a estadía.
-Financiamento de proxectos e emprendementos solidarios.
-Dinamizar unha rede de centros con Fondos Solidarios.

A conclusión despois de investigar e prototipar é que co inicio do curso 2020 podemos empezar polo sondaxe do Fondo Solidario, co apoio da comunidade escolar é totalmente viable ao poder facerse de forma gradual.

BENEFICIOS
O feito de poñer en marcha durante o curso un “Fondo Solidario” coas características descritas no apartado anterior, permítenos poder sondalo e definilo sen ninguna dificultade pois é un mecanismo simple e flexible. A fortaleza dependerá inicialmente do número de persoas implicadas no fondo e desde o primeiro día transformar os aspectos negativos do Instituto. A modo de exemplo, no proceso de prototipar, os nosos profesores pedíronnos dispór de 10 € dun pequeno fondo provisional, para que os compañeiro/as doutro curso (identidade oculta), puideran tomarse unha consumición nun descanso dunha excursión e non quedarse fóra mentras o resto bebíamos ou comíamos algo, o resultado foi positivo, ninguén quedou marxinado e ninguén (salvo a orientadora) sabía quenes foron as/os beneficiados.

Se logramos implantar finanzas escolares solidarias nos centros educativos, cambiaría non só o día a día, senón todas as iniciativas educativas e tamén abriría unha porta ao noso futuro.

Nova no xornal La Voz de Galicia: aquí
Contacto: Manolo Rivera, profesor de Economía e profesor do IES Terra de Trasancos. Dinamizou este proxecto “Finanzas Escolares Solidarias”. Email: economiatrasancos@gmail.com