A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten aberta a convocatoria de axudas :

Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade e Programa emprego con apoio na empresa ordinaria.

Prazo xeral de solicitude: 30/09/16.

Obxecto: promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a través das subvencións establecidas.

Programas : 

1) Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (capítulo II da convocatoria).
2) Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo (capítulo III da convocatoria).

Fai clic: BASES REGULADORAS – Integración laboral de persoas con discapacidade 2016

 

Programa 1 :

Entidades beneficiarias : Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os/as empregadores/as e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica.

Tipos de axudas para o Programa 1 :

a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores e traballadoras con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal.
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.

Subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive. Subvencionarase a contratación a tempo completo e a tempo parcial.

 

Programa 2 :

Entidades beneficiarias : As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

O obxecto deste programa é subvencionar ás entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio.