Programa #OlympeEmprende para promover o emprendemento cooperativo liderado por mulleres en Galicia

A nosa socia Abeluria S. Coop. Galega lanza a iniciativa #OlympeEmprende, un programa que lideran xunto a outras cooperativas como Tandem Social e Wazo Coop para impulsar  o cooperativismo entre mulleres na comunidade galega.

  • O programa #OlympeEmprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo das mulleres emprendedoras que queiran iniciar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que teñan creado unha cooperativa durante o 2021 en Galicia para reforzar o liderado feminino.
  • Con este fin, ofrece a 12 mulleres, de xeito gratuíto, un itinerario formativo, sesións de intercooperación, xiras de emprendemento, seminarios web e apoio estratéxico, territorial e competencial durante o ano 2021 para promover ideas de negocio con impacto na comunidade.
  • Premio económico de ata 3.000 € para o establecemento de cooperativas.
  • O Programa #OlympeEmprende forma parte da convocatoria CEPES POISES, cofinanciada polo Fondo Fondo Social Europeo.

#OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través de formación con perspectiva de xénero, apoio individual e colectivo e conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.

A través deste programa seleccionaranse iniciativas de Galicia, unha rexión con gran potencial na economía social e no emprendemento feminino. #OlympeEmprende está dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras en Galicia lideradas por mulleres asentadas no territorio, que practican a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promoven a diversidade na composición e participación e teñen en conta impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñan ás persoas no centro da súa actividade.

#OlympeEmprende, que ofrecerá formación, apoio individual e colectivo, seminarios web, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita o apoio á constitución de cooperativas no territorio dirixidas por mulleres. O programa desenvolverase desde xuño ata principios de decembro e valorará que as iniciativas teñan entre os seus obxectivos a consecución dun impacto social (como mellorar o benestar humano e a equidade social).

Pódense presentar iniciativas iniciativas que se atopan nunha fase inicial (ideas de negocio que non se iniciaron e que se atopan nunha fase de desenvolvemento mínimo, sen necesidade de definir un modelo de negocio).

Formación e acompañamento individual e colectivo

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop levarán a cabo o programa e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados, explicando o concepto de empresa de economía social e solidaria, modelos de negocio, mercadotecnia e comercialización ou fontes alternativas de financiamento. E á súa vez, realizarán acompañamento virtual individual e colectivo dos proxectos para axudar ás necesidades específicas de cada proxecto
emprendedor.

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, unha revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 escribiu a Declaración dos dereitos das mulleres e das cidadás. O #OlympeEmprende quere ser un compromiso coa igualdade promovendo a creación dun programa que apoie a creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que promovan a transformación.

#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida polo CEPES como órgano intermedio do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para acadar unha formación e emprego de calidade.

Condiciones de participación

Formulario de inscrición

Vías de contacto olympeemprende@tandemsocial.coop e por teléfono 661 54 90 06 / 636792073.