Presentación de “La Germinadora” en Vigo, plataforma de promoción da vivenda en cesión de uso [22 outubro]

 

 

Dende Agrelar comprácenos convidarvos ao evento de presentación da plataforma “La Germinadora”, e do equipo na Galiza “Agrelar Consultora”, de formación e acompañamento de vivenda colaborativa, que terá lugar o próximo martes 22 de outubro ás 16:45 en A Morada (Rúa Enrique X. Macías, 6) en Vigo.
 
 
PROGRAMA
16:45: Benvida e petiscos
17:00: “Vivenda colaborativa, por onde comezamos?. Presentación de Agrelar Consultora, e introducción dinámica sobre a vivenda colaborativa.
18:00: Mesa de experiencias sobre vivenda colaborativa,Presentación de La Germinadora, con Alvariza Colaborativas e Coop57 en sala, e conexión con La Germinadora e convidadas online.
19:30/20:00: Café e conversas fin de serán.
Presentación-slogan+-jardinera_ANIAMCIÓ_GAL_1080x1080.gif
A asistencia é gratuita tanto presencial como online, pero a inscripción é requerida a través dos seguintes formularios:
La Germinadora é unha plataforma estatal de intercambio e formación para a promoción e impulso de vivenda en cesión de uso, conformada por Perviure de Catalunya, Cais e Cotidiana en Andalucía, e por Agrelar consultora na Galiza.
Agrelar Consultora é o equipo técnico galego parte de La Germinadora, con profesionais do urbanismo e bioconstrucción (Seteoitavas), a economía e facilitación de grupos (50pés consultoras) e do ámbito xurídico (Mariola Pazos Oviedo).