A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou os premios á cooperación 2016.

Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen facendo en prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.

Poderán optar a estes premios: As cooperativas, e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

Modalidades:

• Premio aos valores cooperativos, dotado con 5.000 €

• Premio ao mellor proxecto cooperativo, dotado con 5.000 €

• Premio á promoción do cooperativismo, dotado con 5.000 €

Prazo:  a presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2016

DESCARGA :

Premios á Cooperación 2016

Cartel informativo – Premios á Cooperación 2016

No DOG nº 248, de 30 de decembro de 2015, é no que se publica a Orde do 22 de decembro de 2015, que establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2016, estas bases foron aprobadas polo Pleno do Consello Galego de Cooperativas.