A Consellería de Traballo e Benestar convocou os premios á cooperación 2015.
Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen facendo en prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.
Poderán optar a estes premios: As cooperativas, e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.
Modalidades:
• Premio aos valores cooperativos, dotado con 5.000 €
• Premio ao mellor proxecto cooperativo, dotado con 5.000 €
• Premio á promoción do cooperativismo, dotado con 5.000 €
Prazo: a presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2015
Tríptico Premios á Cooperación, clic aquí
Descarga: Bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2015
O DOG nº 39, de 26 de febreiro de 2015, é no que se publica a Orde do 18 de febreiro de 2015, que establece as bases reguladoras dos premios á cooperación 2015, estas bases foron aprobadas polo Pleno do Consello Galego de Cooperativas.