PREMIO “FOMENTO DO EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NA ESCOLA”
Informarvos que xa está aberta a convocatoria da cuarta edición do premio do Grupo Cooperativo Cajamar ao “Fomento do emprendemento Cooperativo na Escola”, certame dirixido a alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica que estean a cursar os seus estudos en Cooperativas de Ensino, premio que se enmarca dentro do acordo de colaboración asinado entre Cajamar e e a Unión Española de Cooperativas de Ensino – UECoE.
Nos seguintes enlaces pódese acceder ás:
- Bases de participación con toda a información do Premio
- Anexo 2: o modelo orientativo de memoria do proxecto para concursar
PARA PARTICIPAR NO PREMIO
As Escolas Cooperativas interesadas poden participar no Premio cumprimentando o Formulario de inscrición aquí
MODALIDADES
Modalidade A: Creación dun proxecto empresarial.
Modalidade B: Proxecto a través de Cooperativa Escolar.
PREMIOS
Modalidade A: Creación dun proxecto empresarial.
Premio 1º Mellor iniciativa emprendedora
- Premio ao alumnado promotor e titor/a.
- Dotación educativa ou informática valorada en 1.900,00 €.
- Diploma acreditativo da súa clasificación.
- Placa conmemorativa para o Centro educativo.
Premio ao 2ª finalista
- Premio ao alumnado promotor e titor/a.
- Dotación educativa ou informática valorada en 900,00 €.
- Diploma acreditativo da súa clasificación.
- Placa conmemorativa para o Centro educativo.
Modalidade B: Proxecto a través de Cooperativa Escolar.
Premio á Mellor iniciativa
- Premio ao alumnado promotor e titor/a.
- Dotación educativa ou informática valorada en 900,00 €.
- Diploma acreditativo da súa clasificación.
- Placa conmemorativa para o Centro educativo.
Máis información: Para calquera aclaración pódese contactar vía telefónica no 91 447 34 63 ou vía mail a formacion@uecoe.es.
A inscrición ao Premio está aberta ata o 15 de febreiro de 2021 e a partir desa data e ata o 14 de maio de 2021 poderanse enviar os proxectos para concursar.
UECoE e o Grupo Cooperativo Cajamar quixeron con estes premios valorar aquelas iniciativas que desenvolven o espírito emprendedor na aula e nas que destaquen, a orixinalidade, grao de madurez e carácter innovador; viabilidade profesional, comercial, técnica, legal e económica; incorporación de elementos de desenvolvemento tecnolóxico; capacidade para desenvolver traballo en equipo; capacidade de implantación noutros territorios así como de cooperación con outras empresas; impacto social e sustentabilidade do proxecto, entre outros.
Así desde UECoE e a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos á participación das escolas cooperativas galegas, especialmente das nosas asociadas.
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop está asociada a UECoE.