Os días 5 e 6 de novembro celébrase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o Foro Colaborativo para o Emprego, FOCO 2015,  que integra un amplo programa de actividades e espazos de encontro dirixidos, principalmente, a persoas en situación de desemprego, aínda que tamén, destacamos, a apertura de mesas de particapación para o deseño do Plan Municipal de Emprego do Concello de Santiago, ás que poden asistir outras persoas, colectivos, e as entidades galegas de economía social. Así que, outro dos elementos distintivos deste foro é que contén espazos destinados especialmente ás entidades de Economía Social, co obxetivo de visibilizar e impulsar este modelo económico, que pon ás persoas e as súas necesidades por diante do beneficio monetario.  Nas Mesas de Diálogo para o Emprego se priorizarán as liñas de traballo do plan, contarase coa colaboración e a traxectoria de persoas relatoras que son referentes a nivel estatal en temáticas como o feminismo, a renda básica, o consumo responsable, as finanzas éticas e o emprendento social, entre outras.

Podes consultar o programa aquí: FORO COLABORATIVO POLO EMPREGO

A cooperativa Cidadanía S. Coop. Galega está colaborando co Concello para difundir e encher de contido estes espazos. Por iso queremos trasladarvos unha invitación a aquelas experiencias de economía social e traballo colaborativo que queirades darvos a coñecer. Cremos que esta será unha magnífica oportunidade.

O Foro contén un espazo de stands e un escenario para presentacións, así que se sodes unha entidade galega de economía social (non só de Santiago) e :

1. Tedes algo concreto que ofrecer ás persoas desempregadas, podedes solicitar un stand de 2×2 metros, de forma gratuíta, para ter presenza ao longo das tres sesións (xoves mañá e tarde e venres pola mañá). Por exemplo, se tedes unha bolsa de emprego, se ofrecedes programas de formación ou asesoramento que vaian realizarse no propio mes de novembro ou en decembro, se apoiades a novos proxectos de economía social a través de financiamento, etc.

2. Queredes contar a vosa experiencia a través dunha breve presentación de 10 ou 15 minutos, contades con micro e unha gran pantalla no escenario central, nun espazo aberto moi visible. As presentacións encaixarán nun programa conxunto, en horario de 12 a 14 H. e, o xoves pola tarde, de 18 a 20 H.

Para resolver calquera dúbida ou indicar o voso interese, poñédevos en contacto con Cidadanía á maior brevidade, sendo o luns 26 de outubro a data tope:

Antón Insua – 627570948 – anton.insua@cidadania.coop

Ana Lorenzo – 627570947 – ana.lorenzo@cidadania.coop

Ademáis, as asociacións de cooperativas, UGACOTA e SINERXIA participarán nas Mesas de Diálogo, e estarán presentes cun stand os días de celebración deste Foro para darse a coñecer ao público e ofrecer actividades e servizos. Tamén estarán presentes as cooperativas : Algalia, Strelia, Coop57 Galiza, ítaca, 7 h, Fiare, Nosa enerxía, Panxea, Gaia dos Nenos … Fai clic para ver o : PROGRAMA

 

Aproveitamos para recordar que, a Unión de Cooperatias de Traballo Asociado UGACOTA, participa no proceso de construcción do Plan Local de Emprego do Concello de Santiago de Compostela. Estase participando na mesa de Economía Social e Emprego Protexido e tamén na mesa de Responsabilidade Social Empresarial. Os traballos do Plan organízanse a través da participación en distintas mesas temáticas nas que se definen obxetivos e propostas, cos resultados de todas as mesas elabórase un Documento de Propostas. E xa os días do Foro Colaborativo para o Emprego, poderase exercer a participación activa de todas as persoas interesadas, daranse a coñecer os resultados dos traballos, recolleranse novas achegas, e ademais se priorizarán as propostas.