O Concello da Coruña saca unha oferta de contratación para realizar a II Feira de Economía Social

Trátase dunha contratación dos servizos necesarios para a posta en marcha e execución da II Feira de Economía Social da Coruña que se pretende realizar previsiblemente o 30 de marzo de 2019 no Campo da Leña.

 

O prezo base de licitación é de 18.898,12 euros, e o prazo de presentación de ofertas finaliza o 13/02/19 ás 14 h.

O obxeto do contrato divídese en 2 Lotes e os licitadores poderán presentarse a calquera dos lotes.

Lote 1: Servizos de organización, coordinación e publicidade dos elementos da Feira.

Lote 2: Servizos de aluguer de infaestruturas e loxística dos elementos da Feira.

Máis información aquí