A Secretaría Xeral de Emprego a través do Consello Galego de Cooperativas estará presente no Forum Gastronómico da Coruña do 12 ao 14 de marzo de 2017. O Consello participa cun stand que aglutinará cooperativas e empresas de economía social galegas.
O fin deste expositor conxunto é promocionar produtos e servizos alimentarios das cooperativas, polo que se eres unha cooperativa asociada á Unión con produto alimentario e queres participar, fainos chegar o voso interese para trasladalo á Secretaría Xeral de Emprego.
- Carta de invitación para participar neste evento: Invitación Forum 2017
- Ficha de inscrición para comunicar os datos de contacto: Ficha de expositores. Envía a ficha a: mar@espazo.coop – Mar Pernas.
Prazo: ata o martes 14 de febreiro. A participación é libre de custos para o expositor.