A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou o Programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil. Prazo: 30/09/16.
Teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través dos seguintes programas:
a) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas menores de 30 anos inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas menores de 30 anos inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación.
Fai clic:
PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA
Entidades beneficiarias: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten.
Serán subvencionables: as contratacións indefinidas realizadas desde o 1 de Novembro de 2015 ata o 30 de Setembro de 2016 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Contías dos incentivos: As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase en 600 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL
Entidades beneficiarias: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten.
Serán subvencionables: as contratacións indefinidas realizadas desde o 1 de Novembro de 2015 ata o 30 de Setembro de 2016 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Contías dos incentivos:
– mínimo de 200 euros por cada un dos seis primeiros meses completos da duración do contrato.
– mínimo de 300 euros por cada unha das seguintes mensualidades completas da duración do contrato e ata un máximo de seis.
– Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 euros.
– Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 3.600 euros.
– A transformación de contratos temporais subvencionados ao abeiro desta orde de convocatorias en indefinidos incentivarase con 2.500 euros.