Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación temporal das persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e ocupabilidade.
Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos na convocatoria as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que establece a convocatoria.
Para acceder a máis información, e á sede electrónica da Xunta de Galicia, fai clic aquí
Fai clic: Bases reguladoras