A Deputación Provincial da Coruña, dende o Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, convocou as bases reguladoras do :

I PREMIO PROVINCIAL Á MELLOR INICIATIVA EMPRESARIAL DENTRO DO PLAN DE EMPREGO LOCAL

A convocatoria ten como obxeto a organización dun Premio Provincial á mellor Iniciativa Empresarial, como recoñecemento ao esforzo e implicación de empresas e persoas emprendedoras da provincia no desenvolvemento económico, na creación de emprego e riqueza, e a súa contribución á fixación de poboación no territorio.

Ten como fin premiar as iniciativas e o traballo realizado por empresas e persoas emprendedoras e fomentar unha imaxe positiva do tecido empresarial como fonte de riqueza e emprego, contribuír á súa sostenibilidade e fomentar o espíritu e a iniciativa empresarial entre potenciais emprendedoras/es da provincia.

O premio non só é un recoñecemento, senón que pretende achegar un valor añadido ás empresas mediante a concesión dun premio en metálico para cada categoría de 25.000 € brutos.

Categorías:

1.ª CATEGORÍA.–Premio á mellor iniciativa empresarial xoven, para pequenas e medianas empresas, microempresas, emprendedoras/es e autónomas/os con menos de 12 meses de antigüidade dende o inicio da actividade.

2.ª CATEGORÍA.–Premio á mellor iniciativa empresarial madura, para pequenas e medianas empresas, microempresas, emprendedoras/es e autónomas/os con máis de 5 anos dende o inicio da actividade.

As bases foron publicadas no BOP da Coruña, nº 211, de 8 de novembro de 2016. Descarga as bases : aquí