Guía á túa cooperativa cara ao futuro dixital: Lidera o cambio na túa organización.
Galicia Business School convidámosche ao Programa Xeración Dixital PEMES: Cooperativas y Economía Social, impartido por Galicia Business School en colaboración coa Xunta de Galicia e a Consellería Xeral de Emprego e Relacións Laborais xunto con EspazoCoop.
Este programa, gratuíto para persoas empresarias, responsables cooperativistas e persoas autónomas participantes, está deseñado para que cada alumno e alumna desenvolva o Plan de Transformación Dixital da súa propia entidade ou proxecto persoal, acompañados de titorías individuais de persoas expertas da escola.
O claustro de Galicia Business School, composto por persoal directivo e profesionais en activo, abordará temas como a xestión ao cambio, a dixitalización dos procesos, o márketing dixital e novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, o blockchain e o cloud, sempre cun enfoque práctico para as entidades de 1 a 249 persoas traballadoras.
As clases combinan sesións presenciais, que fomentan o intercambio de experiencias entre empresariado de toda Galicia, con sesións en liña que achegan flexibilidade e facilitan a conciliación coa axenda dun profesional actual.
Poderán participar ata dúas persoas, directivas ou profesionais de cooperativas ou fundacións galegas de 1 a 249 persoas traballadoras, a selección faise por estrita orde de inscrición ata chegar ao máximo de 50 prazas.
Aproveita esta oportunidade que che ofrecemos como colaboradores de Galicia Business School, escola de negocios referente na formación directiva, para formarte ti ou o teu equipo nas necesidades dixitais da empresa cooperativa.
Este programa é completamente gratuíto grazas aos fondos Next Generation. Só poderán optar á formación dous profesionais por CIF, en empresas de 1 a 249 traballadores (autónomos incluídos).
Leave A Comment