AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia) vai levar a cabo o seguinte curso:
Fomento da igualdade a través das Tics
Trátase dun curso que abordará a alfabetización dixital e a igualdade de oportunidades no ámbito do emprego.
Duración: 25 h.
Datas: 11, 12, 13, 14, e 15 de abril de 2016.
Horario: 9:00-14:00 h.
Lugar: Centro Sociocultural de Vite (Rúa Carlos Maside, nº7). Santiago de Compostela.
Fai clic: Programa – Fomento da igualdade a través das Tics
Aeiga é unha entidade social sen ánimo de lucro que está a traballar activamente no ámbito da inclusión sociolaboral dos colectivos denominados en risco de exclusión social.