ES-Transforma 2025: axudas para apoiar a transformación de negocios en cooperativas

 

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?
Apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.

Que entidades poden ser beneficiarias?
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos seguintes procesos:

  • Constitución por ausencia de remuda xeracional
  • Constitución por persoas autónomas
  • Constitución por transformación
    • Transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais
    • Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa

Cales son os conceptos subvencionables?

  •  Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social.
  •  Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  •  Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Plan de protección de datos.
  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
  • Mellora na eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma do local de negocio.
  • Mobiliario.
  • Elementos de transporte.
  • Alugamento do local do centro de traballo.
  • Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo

Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2025.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude e o folleto informativo.