Aberto o prazo de inscrición para proxectos de economía social no espazo comercial
ES- POP UP Ourense
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria segue impulsando a economía social a través do programa ES-POP Ourense, espazos efímeros destinados ao comercio.
- Durante os días 13, 14 e 15 de xuño de 2019 os proxectos participantes poderán participar nun espazo comercial aberto tendo unha experiencia real de venda para así lograr unha importante aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
- Esta actividade enmárcase dentro do proxecto POCTEP LACES (Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social).
Introducir novos produtos e servizos, testar unha idea de negocio ou estender o valor da marca son algúns dos obxectivos que persegue os espazos efémeros de emprendemento de economía social “ES-POP UP” que iniciaránse en Ourense os días 13, 14 e 15 de xuño de 2019 en Ourense.
A Consellería de Economía Emprego e Industria, coa celebración deste espazo comercial de emprendemento, continúa coa súa aposta de apoiar aos proxectos e empresas galegas de economía social. Con ES-POP UP búscase estimular a creación dun verdadeiro ecosistema comercial aberto onde de forma simultánea poidan participar máis dun proxecto empresarial, creando un único espazo de emprendemento que actúe como un centro comercial aberto de economía social e que atraia desta forma a un maior fluxo de persoas, achegando a economía social á cidadanía.
Por medio de este programa, que contará con varios talleres preparatorios formativos e sesións de titorización individual, os participantes poderán profundar sobre contidos que complementen a formación individual e enriqueza aos proxectos empresariais que participen no evento comercial: escaparatismo, márketing dixital e comercial, capacidade financeira ou previsión económica serán, entre outras, as temáticas a abordar.
ES-POP UP enmárcase no proxecto POCTEP LACES, confinanciado pola Unión Europea a través do FEDER e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía Emprego e Industria da la Xunta de Galicia.
As bases da convocatoria poden consultarse no seguinte ligazón:
http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=sx-emprego/iniciativa_0073.html
O prazo para formalizar as presentacións das candidaturas estará aberto ata o próximo 31 de maio de 2019. A inscrición realízase en liña e sen custos a través da web da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para elo, é necesario cubrir o seguinte formulario na seguinte ligazón: http://bit.ly/ES-PopUp-inscricion
Díptico : Aquí
Máis información: laces.emprego@xunta.gal Telf. 981545694