A Xunta de Galicia este ano quere abrirlle novamente as portas ao cooperativismo. Para iso vos propoñen a todas as cooperativas galegas que o venres 30 de xuño, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, abrades as portas dos vosos locais a quen queira visitarvos. Con esta iniciativa quérese visibilizar o voso traballo e tamén dar a coñecer este modelo empresarial co que día a día axúdase a promover valores cooperativos en Galicia.
Dende a Secretaría Xeral de Emprego traballan na difusión desta campaña para dar a coñecer a importancia do labor que desenvolve o sector cooperativista en Galicia. Mais, como sempre, cantas máis sexamos máis visibilidade conseguiremos!
Como participar?
Se precisades máis información podedes facer as vosas preguntas no correo diadocooperativismo@xunta.gal ou ben chamar ao teléfono 690 701 377.
Preme no enlace, poderás ver no vídeo, que xa teñen as primeiras adhesións: https://youtu.be/cBSCfhA-nMg
Apuntádevos tamén a participar nesta xornada de celebración!