Convocatoria de axudas de CEPES para o fortalecemento de entidades e empresas de economía social

 

CEPES publica unha nova convocatoria de axudas do Fondo Social Europeo PLUS dirixida a proxectos de fortalecemento e consolidación de Empresas de Economía Social. A Confederación de economía social, en calidade de Organismo Intermedio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), cofinanciado polo FSE+, lanzou unha nova convocatoria de axudas dotada con 8.883.930 euros, dirixida a entidades e empresas de economía social, co fin de apoiar o seu crecemento, fortalecemento e consolidación, especialmente en cooperativas, sociedades laborais, confrarías de pescadores e mutualidades de previsión social. O prazo de presentación de proxectos finaliza ás 14.00 h. do 11 de outubro de 2024. Para poder presentar proxectos, as entidades e empresas interesadas deben solicitar ou renovar a acreditación a CEPES ata as 14:00 h. do 20 de setembro de 2024. A información da convocatoria de axudas atópase dispoñible na web de CEPES, no seguinte enlace >> https://fse.cepes.es/convocatorias.

Xornada informativa o 10 de setembro

CEPES celebrará o próximo 10 de setembro de 10.00h a 12.00h, unha xornada en liña informativa desta convocatoria a través da seguinte ligazón: Xornada CEPES presentación convocatoria fortalecemento