O Programa de Emprendemento Social de “la Caixa” ten como finalidade apoiar ás persoas emprendedoras e empresas sociais en “fase semente”. Diríxese a empresas sociais de nova creación, a empresas sociais novas, e a empresas sociais con novas liñas de negocio.
Está aberto tamén a proxectos cooperativos, ou a cooperativas.
¿ Que entende este programa por persoas emprendedoras sociais ? :
Son persoas ou equipos de persoas que crean unha empresa para solucionar un problema social existente, de forma rendible e sostible no tempo. As persoas emprendedoras sociais unen as oportunidades de negocio coa mellora da sociedade. As persoas emprendedoras sociais non son fundadoras de ONGs, nen empresarios/as que fagan donacións a causas sociais, son quenes aproveitan unha actividade empresarial para transformar unha realidads social.
¿ Cal é o apoio que ofrece a Obra Social ”la Caixa” ?
– Formación e acompañamento xerencial
– Rede de emprendedores/as sociais
– Imaxe e visibilidade das iniciativas
– Apoio económico
Prazo de presentación de solicitudes : do 19 de setembro ao 21 de outubro de 2013 .
Para máis información e consultar as bases : preme aquí
Para realizar consultas ou resolver dúbidas relacionadas co contido do programa ou coa presentación de proxectos, dirixirse a:
Servizo de información
Obra Social ”la Caixa”
902 22 30 40
(de luns a domingo, de 9 a 20 h. )