O Consello Galego de Cooperativas convocou os premios á cooperación deste ano, baixo as seguintes modalidades:
• Premio aos valores cooperativos, dotado con 5.000 €
• Premio ao mellor proxecto cooperativo, dotado con 5.000 €
• Premio á promoción do cooperativismo, dotado con 5.000 €
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013
Descarga: as bases reguladoras dos premios , o tríptico informativo, ou o cartel .
O DOG nº 71, de 12 de abril de 2013, é no que publica a Orde do 4 de abril de 2013, que establece as bases reguladoras dos premios á cooperación 2013.