Contratación do servizo de elaboración de ferramenta dixital de xestión para cooperativas (Casas do maior)

CONVOCATORIA

Convócase un concurso público, baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a realización do servizo de deseño, implementación e testeo dunha ferramenta dixital que facilite a xestión documental do traballo diario das Casas de persoas maiores, xestionada por cooperativas de traballo asociado, no marco do proxecto ES- FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar E consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal (0259_ES_FACTORY_1_E),  aprobado no marco do programa de Cooperación Territorial Europea Interreg VIN A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O período de execución do servizo será do 26/11/2025 ao 26/06/2026.

CONTRATANTE

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS

Cada licitadora poderá presentar só unha proposta, nos termos descritos.

As ofertas deberán presentarse vía correo electrónico ao correo mar@espazo.coop, con asunto OFERTA SERVIZO PLATAFORMA 0259_ES_FACTORY_1_E e acuse de recibo, entre o 14 e o 21 de novembro de 2025 ás 14.00 h. (hora peninsular).

MESA DE CONTRATACIÓN: celébrase o 25 de novembro de 2025.

PREGOS AQUÍ

DECLARACIÓN AUSENCIA CONFLITO DE INTERESES AQUÍ