O Concello de Santiago promove Compostela Móvese 2015 “Axudas a empresas de recente creación”, o prazo de presentación de solicitudes rematará o 11 de setembro de 2015.
Finalidade: O programa está orientado ao fomento da creación e desenvolvemento de empresas e/ou proxectos de autoemprego iniciando actividade baixo o Réxime de Traballadores/as Autónomos/as no Concello de Santiago.
A finalidade destas axudas é fomentar o a creación e desenvolvemento de tecido empresarial no Concello apoiando a empresas e iniciativas de autoemprego mediante axudas a fondo perdido ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas nun momento especialmente delicado na súa supervivencia empresarial como son os primeiros dous anos de actividade.
Destinatarias: Poderán resultar beneficiarios das axudas as persoas físicas ou xurídicas.
Consulta as bases reguladoras AQUÍ