A cooperativa Cidadanía impartirá un interesante taller sobre Colaboración e Participación Dixital para o Terceiro Sector con Ferramentas Libres, cando? o xoves 8 de outubro de 17 a 20.30 h. en Santiago, será impartido pola socia traballadora Ana Rosa Lorenzo Vila, e a asistencia é libre.

No obradoiro debaterán sobre as calidades que debe ter un proceso para ser participativo e testarán se as aplicacións máis coñecidas responden a eses requirimentos. Presentarán a aplicación e-cidadania e tamén a someterán a proba. Como resultado do obradoiro, elaborarán un mapa sobre para que serve cada ferramenta e como poden complementarse entre elas e cos dispositivos presenciais.

As entidades do terceiro sector caracterízanse pola súa organización democrática, pero dáse o grao de participación que nos gustaría? Por outra parte, cada vez envolvémonos en procesos participativos máis amplos, onde colaboran diferentes entidades, abertos á cidadanía en xeral… moito máis diversos e difusos. Conseguimos neles o grao e a calidade da participación que desexamos? Que buscamos cando apostamos pola participación? Como debemos utilizar as novas tecnoloxías para que nos sirvan a este obxectivo?

As novas tecnoloxías supoñen un grande avance no acceso á información. Non obstante, móstranse máis cativas no tamén necesario exercicio de debater, contrastar opinións e construír coñecemento colectivo. Os usos máis avanzados están a primar a dinámica do voto sobre a deliberación e o consenso.

Organiza: Amtega – Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo. Colabora: EAPN Galicia.

Fai clic na imaxe para coñecer as características deste taller, o programa e onde inscribirse  :
151008_programa_ferramentas_participacion_def_ii

PROGRAMA : COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN DIXITAL PARA O TERCEIRO SECTOR CON FERRAMENTAS LIBRES – 08/10/15